viernes, 19 de febrero de 2021

Rosalía de Castro

 Recordamos a Rosalía de Castro no dia do seu nacemento o 24 de febrero de 1837.  


Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e morreu en Padrón o 15 de xullo de 1885. Rosalía é a escritora galega máis universal.    Escribiu tanto en galego como en castelán. 

A data de publicación do seu libro “Cantares gallegos” o       17 de maio de 1863, deu lugar á celebración do Día das Letras Galegas.



Canción "Rosalía" do grupo Oviravai, CD Paio e o poder da música


Canción "O moucho" incluida  no CD Pan de millo – do grupo Migallas

ROSALÍA DE CASTRO: “EU BEN VIN ESTAR Ó MOUCHO”, CANTARES GALLEGOS (1863)
                   Eu ben vin estar ó moucho 
          enriba d' aquel penedo.
                     ¡Non che teño medo moucho
                     Moucho non che teño medo! 


Canción"Adios ríos, adios fontes", Amancio Prada


Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.


Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites claras de luar,
campaniñas timbradoras,
da igrexiña do lugar,

amoriñas das silveiras
     que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños entre o millo,
 ¡adios, para sempre adios!

    ¡Adios gloria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
 por un mundo que non vin!

                 Deixo amigos por estranos
               deixo a veiga polo mar ,
                     deixo, en fin, canto ben quero
            ¡Quen pudera non deixar!





No hay comentarios:

Publicar un comentario